A Unidade Orgánica da Policía Xudicial detiveron onte a M.M.R., rapaz de 25 anos de idade e veciño de Vilamarín, como presunto autor dun delito de cultivo de droga e fraude do fluído eléctrico. Os investigadores detectaron que nunha nave ubicada nunha finca en Faramontaos, en San Cristovo de Cea, detectouse unha instalación eléctrica irregular e percibíase un característico olor a cannabis. Atopáronse tres invernadoiros, dous de cinco metros cadrados e un de dezaseis metros cadrados que albergaban 342 plantas de cannabis de entre 10 e 20 centímetros e outras 364 plantas de entre metro e metro e medio de tamaño.

Publicidade