O Carballiño sobe dous contaxios, ata ós 15 casos activos. O cribado do sábado non deixou ningún positivo

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A comarca baixa hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 23, unha cifra que se balancea pola evolución de tres concellos.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

No Carballiño, hoxe os datos soben dos 13 casos de onte ós 15, dous positivos máis. Na última semana, aínda que os datos pasaban dos 20 casos, a tendencia cambiou e comezou a descender, un ritmo que se rompe hoxe. O pasado sábado pola mañá realizouse un cribado no Paco Chao, cuxo resultado non deixou ningún positivo novo.

O Irixo rexistrou un brote familiar esta fin de semana que sobe hoxe ós 5 casos activos, dous máis ca onte. Maside mantén 4 casos activos, logo de varios días de baixada na pasada semana. Acompañando este descenso, Maside pasa o nivel alto, o que supón a reapertura da hostalaría  son en terrazas co 50% de aforo, peche as 21:00 horas, mobilidade entre concellos e reunións de máximo catro persoas en interiores de espazos públicos e seis en exteriores. Boborás mantén un caso activo, a mesma cifra ca onte.

E os demais concellos,  Beariz, Piñor, Punxín, San Cristovo de Cea e San Amaro están libres de coronavirus.

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------