Emigración colabora con Fevega con 50.000 euros para o mantemento das súas oficinas de información ós emigrantes retornados

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, estivo xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o presidente de FEVEGA, Manuel Pérez Vidal, durante a firma do convenio.

Segundo os últimos datos publicados polo INE, os emigrantes procedentes de Venezuela continúan ocupando o primeiro lugar en canto a retornados a Galicia

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Federación Venezolana de Galicia realizou, a maiores, unha recollida de medicamentos que destina aos galegos do país suramericano, acción solidaria na que colabora a Xunta e que complementa a acción directa de axuda da administración autonómica en Venezuela

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, firmou hoxe o convenio anual coa Federación Venezolana de Galicia (FEVEGA) a través do cal a Xunta destina 50.000 euros para o mantemento das súas oficinas de información e asesoramento a galegos retornados.

Durante este acto, o secretario xeral estivo xunto á delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o presidente de FEVEGA, Manuel Pérez Vidal.

A colaboración con esta entidade posibilita a información a retornados así como a execución de actividades formativas de acollida, completando a acción das oficinas de asesoramento e seguimento da propia Secretaría Xeral da Emigración en Vigo, Lugo, Coruña, Santiago e Ourense, e unha oficina itinerante que visita os distintos concellos de Galicia.

A Federación Venezolana de Galicia é unha agrupación de asociacións sen ánimo de lucro e de ámbito autonómico que naceu en 2009, co obxectivo de apoiar aos seus asociados nos seus ámbitos de actuación e desenvolver accións de atención aos emigrantes retornados no seu proceso de integración social, laboral e cultural en Galicia.

Segundo os últimos datos publicados polo INE, os emigrantes procedentes de Venezuela continúan ocupando o primeiro lugar en cuanto a retornados a Galicia.

A través deste convenio, FEVEGA comprométese a informar, asesorar e ofrecer un servizo integral e completo aos emigrantes retornados, prestar orientación e asesoramento xurídico se o necesitan, apoialos no cumprimento dos trámites necesarios nas súas relacións coas administración públicas, proporcionarlles apoio e acompañamento e facilitarlle toda a información que lle sexa requirida pola Comunidade Autónoma. Ademais, tamén deben ofrecer un servizo de información itinerante por toda Galicia.

Envío de medicamentos

Por outra banda, o secretario xeral tamén destacou o envío de medicamentos á Venezuela dende esta asociación, que realiza unha campaña de recollida ao longo do ano para axudar a poboación galega nese país americano, moi afectado por unha delicada situación económica á que se suma a grave situación da pandemia.

Nesta iniciativa, canalizada a través de FEVEGA, colaboran varias entidades colaboradoras como son a Asociación Socio Cultural Deportiva “Amigos de Venezuela en Vigo”, a Asociación de Venezolanos do Deza, a Asociación Ourensana Venezolana “Alma Llanera”, a Asociación Socio Cultural de Venezolanos de Santiago (AVESANTI) e a Hermandade Venezonala das Rías Baixas. En Venezuela, o envío é distribuído pola Hermandad Gallega de Venezuela coa colaboración do Centro Gallego de Maracaibo, do de Puerto La Cruz e da Hermandad Gallega de Valencia.

Ademais de medicamentos, o envío tamén contou con outros produtos de tipo sanitario moi necesarios e de difícil acceso en Venezuela como é o material ortopédico, ou cueiros para persoas dependentes.

O secretario xeral aproveitou a visita tamén para facer balance da colaboración con FEVEGA durante o ano 2020, que aínda que foi complicada pola pandemia, posibilitou desenvolver actividades de información a persoas retornadas desde as oficinas que ten a Federación en distintos puntos de Galicia e tamén a realización de accións formativas que facilitan a acollida dos retornados e as súas familias, aproveitando os soportes telemáticos para seguir chegando aos retornados, a pesar das restricións derivadas da pandemia.

PUBLICIDADE