O acto retransmitiuse en directo a través de Youtube e de varias plataformas de comunicación.
 Nava Castro, Directora de Turismo de Galicia, comezou cunha Conferencia dedicada á situación actual do Camiño de Santiago por mor da pandemia e o futuro para os anos Xacobeos 2021 e 2022, poñendo de relevo a estratexia  para seguir para impulsar o Camiño como un motor de recuperación, tanto económico como emocional, para Galicia.

 A segunda parte da xornada dedicouse ao nomeamento de catro  Novicios procedentes de Cataluña, Francia,  Mexico e Galicia, que deron o primeiro paso para ser nomeados Damas e Cabaleiros da Orde.
 Na última parte do evento, Xosé Lois  Foxo, compositor e Director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, foi distinguido coa Medalla de Ouro da Orde.
 A Xornada finalizou coa entrada da Real Banda no estudio, que dedicaron unha actuación ao seu Director, para goce de todos os asistentes.

 
			 
		 
 

 
 
 
 














