A Orde do Camiño de Santiago celebrou unha xornada internacional en formato híbrido que contou coa presenza de 24 países

O acto retransmitiuse en directo a través de Youtube e de varias plataformas de comunicación.
Nava Castro, Directora de Turismo de Galicia, comezou cunha Conferencia dedicada á situación actual do Camiño de Santiago por mor da pandemia e o futuro para os anos Xacobeos 2021 e 2022, poñendo de relevo a estratexia para seguir para impulsar o Camiño como un motor de recuperación, tanto económico como emocional, para Galicia.

Publicidade


A segunda parte da xornada dedicouse ao nomeamento de catro Novicios procedentes de Cataluña, Francia, Mexico e Galicia, que deron o primeiro paso para ser nomeados Damas e Cabaleiros da Orde.
Na última parte do evento, Xosé Lois Foxo, compositor e Director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, foi distinguido coa Medalla de Ouro da Orde.
A Xornada finalizou coa entrada da Real Banda no estudio, que dedicaron unha actuación ao seu Director, para goce de todos os asistentes.