O Carballiño baixa ós 14 casos activos e O Irixo baixa ós seis positivos. Os demais concellos están libres de covid

A comarca baixa hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 20. A evolución mantense pendente dos casos do Carballiño e O Irixo, os únicos concellos que contan con casos activos neste momento.

O Carballiño baixa un contaxio para contar hoxe con 14 casos activos.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Irixo rexistrou un brote familiar que se iniciaba con 5 casos activos. Grazas a un cribado programado polo Sergas, estes datos ascendían ós 9 casos, cifra que esta fin de semana baixaba ós 8 e que hoxe reduce dous casos para contar cun total de 6 positivos.  

Maside, que tiña un caso activo, esta fin de semana quedou libre de covid.

E os demais concellos,  Boborás, San Cristovo de Cea, Beariz, Piñor, Punxín e San Amaro están libres de coronavirus.