O bono turístico #QuedamosenGalicia está dispoñible dende hoxe para todos os galegos

Dende hoxe, todos os galegos poden solicitar o bono tarxeta turística #QuedamosenGalicia que se poderá empregar en ofertas e paquetes publicados polos establecementos adheridos. Preto de 700 empresas xa se uniron a esta iniciativa, o que supón un 24% máis que na primeira convocatoria. Poderán solicitar o bono as persoas maiores de idade, empadroadas en calquera concello galego e que non se beneficiaran da primeira convocatoria.

Deberán escoller entre tres importes da tarxeta (250-375 ou 500 euros) dos que a Xunta financiará o 60% cunha aportación máxima de 300 euros e o solicitante o 40% restante.

AVANTAR ACTIVIDADES