Ourense repunta os casos activos pero mantén controlada a situación dos hospitais

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 177 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 2.439, cun leve ascenso de apenas 40 casos. A presión asistencial presenta estabilidade. Hoxe hai 25 (-1) persoas na UCI, e 157 (-1) ingresados nos hospitais.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada amosa un repunte. Hoxe hai 19 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra sobe en 13 casos ata os 205 casos totais. Os hospitais presentan estabilidade, contando con 15 (+1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 3 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES