Nota informativa de veciños da Rúa Ourense sobre o seu acondicionamento

Os veciños da Rúa Ourense, queremos mostrar o noso agradecemento ao Alcalde do Carballiño polo compromiso firme adquirido cos veciños desta rúa para a recuperación, humanización e mellora da Rúa Ourense, xa que van máis de 40 anos sen que nesa rúa se leven realizado actuacións por parte das autoridades municipais, que recordemos trátase dunhas das entradas principales no Carballiño, ademáis de ser unha das zonas principales cara onde O Carballiño pode medrar de maneira natural nun futuro inmediato . En diferentes reunións que mantivemos os veciños desta rúa co alcalde do Carballiño, onde se nos explicou e desgranou por parte do equipo técnico redactor do Proxecto e o propio alcalde en que ían consistir as diferentes obras, as cales van ser, entre  outras cousas, un saneamento novo para evitar que vaian os residuos o regato do Carrás, remodelación e ampliación das beirrruas, modernización do alumeado, pavimentado novo, mediana na estrada coa plantación de especies vexetais para a humanización da rúa e evitar que os vehículos circulen a gran velocidade debido a gran preocupación que existe entre o vecindario pola seguridade vial, onde ademáis o proxecto contempla a creación de vadéns e pasos de pións. Recordar que a rúa vai dende a entrada no Carballiño ata a redonda situada no comezo da Rúa Ven cho Sei.

Trátase dun proxecto ambicioso, realista e necesario comprometido polo alcalde do Carballiño cos veciños e que esperamos que no ano 2021 vexamos a execución do devandito proxecto.

AVANTAR ACTIVIDADES

Achéganse algunhas fotografías onde se aprecia claramente a situación desta rúa.