Uxía Tizón subliña que a lei de protección integral da infancia e da adolescencia fronte a violencia supón un “punto de inflexión” para os menores en Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A deputada ourensá destaca que en Ourense “contamos con 1 de cada 4 nenos en risco de exclusión social, sendo unha das provincias onde se detectan máis vulneracións do dereito sanitario”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Non podemos fallar aos nosos nenos e as nosas nenas e adolescentes no seu presente e no futuro, pois elo suporía un custe inmenso para a sociedade”, sinala a parlamentaria socialista

 O Congreso dos Deputados deu esta semana un novo paso moi significativo en materia de avances sociais, trala aprobación do Proxecto de Lei Orgánica de Protección Integral da Infancia e a Adolescencia fronte a Violencia, co voto en contra da ultradereita. Os socialistas consideran que combater esta violencia require dunha educación “guiada polo bo trato e parentalidade positiva”, implicando a tódolos ámbitos da sociedade, dende as administracións públicas, o poder xudicial ou fiscal ou os corpos e forzas de seguridade do Estado. O obxectivo como salienta o PSOE e que “todos os procedementos se orienten a previr a vitimización secundaria, evitando a comparecencia ni xuízo singularmente en caso de violencia na contorna familiar”.

Para a deputada ourensá no Congreso, Uxía Tizón, a provincia de Ourense non é allea a problemática que segundo manifesta “continúase vivindo tanto na cidade como na provincia, onde nos últimos anos aumentou a cifra de menores de idade vítimas dos delitos de violencia no ámbito familiar, contra a liberdade e a indemnidade sexual”. A parlamentaria socialista tamén fai fincapé nas crianzas estranxeiras non acompañadas, apuntando  que o sistema de acollida e protección deste colectivo “presenta lagoas na lexislación da nosa Comunidade Autónoma” e apunta un dato que considera preocupante “xa que o 15% dos menos que padecen abusos non chega a denunciar”.

Tizón apunta a que en Ourense “un de cada 4 nenos atópase en risco de exclusión social”, o que convirte á provincia nunha nas que se detectan máis vulneracións do dereito sanitario, polo que se mantén tamén o risco de vulnerabilidade. Para a socialistas, esta lei “será un punto de inflexión para a protección dos menores e adolescentes da nosa provincia ata a súa idade adulta, favorecendo a detección precoz de posibles situacións violentas”.

Para o PSOE esta lei “convértese nun fito histórico” e salientan que “fainos pioneiros como país, tomando medidas que indiscutiblemente eran necesarias, garante contornas seguras, establece protocolos de actuación con elaboración de estratexias específicas, sempre baixo a premisa do disposto na Convención dos Dereitos do Neno”.

Para Tizón outro punto clave na situación son os cambios, “especialmente os producidos no prazo de prescrición dos delitos graves contra menores, que non empezará a correr ata que a vítima cumpra 30 anos, establecendo a obrigatoriedade da proba preconstituída para evitar a revitimización e eliminando a aplicación do falso síndrome de aliñación parental, entre outras medidas”.

As medidas “inadecuadas” ou a “falta” de medidas teñen en palabras da deputada do PSdeG-PSOE de Ourense “consecuencias máis graves para as crianzas que para calquera outro grupo da sociedade”. Por este motivo, os socialistas apostan por esta lei que protexa, xa que as experiencias temperás dos menores inflúen considerablemente no seu desenvolvemento. “Non podemos fallar aos nosos nenos e as nosas nenas e adolescentes no seu presente e no futuro, pois elo suporía un custe inmenso para a sociedade”, apunta a parlamentaria socialista.

Tizón finaliza apuntando a que “sempre é unha honra traballar nunha comisión na que loitamos constantemente pola protección dos e das menores, que agora se plasma nunha lei cuxa principal pretensión é atender aos dereitos dos nenos, das nenas e adolescentes para que non sexan obxecto de ningunha forma de violencia, co orgullo de incorporar a perspectiva de xénero e atender a violencia específica sobre as nenas”.