-Os participantes realizarán o percorrido dende a Praza Maior ata a Praza da Veracruz para volver ao escenario inicial, no que se realizará a entrega de premios
-O obxectivo do certame é implicar á mocidade na celebración declarada de interese turístico internacional e que se dedica este ano á Denominación de Orixe Ribeiro
O Carballiño, 8 de agosto de 2023
A véspera da Festa do Pulpo, os mozos e mozas do Carballiño volverán a lucir os seus deseños no Concurso de Camisetas. Nesta ocasión son 80 as peñas inscritas no certame que ten como obxectivo implicar á mocidade na celebración declarada de interese turístico internacional e que acada este mes de agosto a súa edición número 62.
Repartiranse 600 euros en premios e a Praza Maior volverá a ser o escenario no que se xunten os mozos e mozas ata a madrugada, xa que se contará con animación musical. Nesta 24 edición do certame recupérase o desfile ata a Praza da Veracruz, para volver ao escenario inicial no que se realizará a entrega de premios.
Mediante este concurso seleccionarase o deseño da camiseta da Festa do Pulpo 2024 e este pode ser creado a base de debuxos, imaxes, tipografías, palabras, frases, números ou calquera outro elemento gráfico. Iso si, a temática debe identificar a dedicación desta edición á Denominación de Orixe Ribeiro. Dende que comezou a celebrarse o Concurso de Camisetas, calcúlase que participaron ao redor de 40.000 persoas.
O primeiro premio será de 300 euros; o segundo de 200 euros e o terceiro de 100 euros. O resto das camisetas que cumpran os requisitos das bases recibirán unha compensación por importe de 60 euros cada unha.
O programa de actividades da Festa do Pulpo estendeuse durante 15 días, ata este domingo 11 de agosto, cando no parque municipal haberá pulpeiras e tabernas para atender aos miles de visitantes.
Esta é a programación detallada para os próximos días:
ORQUESTRA COMBO DOMINICANO
Xoves, 8 ás 23 h na Praza da Vera Cruz
PARTIDO DE FÚTBOL C.D ARENTEIRO – PONTEVEDRA C.F
Venres, 9 ás 19.30 h no Campo do Espiñedo
DISCO MÓBIL GRAMOLA
Venres, 9 ás 23 h na Praza Maior
FESTA DAS CAMISETAS – ANIMACIÓN MUSICAL DE DJs
Sábado, 10 ás 17 h na Praza Maior
FESTA DO PULPO
Domingo, 11 – a partir das 11 no Parque Municipal e rúas da vila
Animación musical de CHARANGAS / GRUPOS DE MÚSICA TRADICIONAL
– de 12 h a 18 h no Parque Municipal
FESTIVAL DE MÚSICA E DANZA TRADICIONAL: CORIBANTES /CANTA NAS CROAS / CANTAREIRAS MADIALEVA / AUSKELGA
– ás 20.30 h na Praza Maior
CONCERTO AMIGOS DO ACORDEÓN TERRAS DE CELANOVA
– ás 23 h na Praza Maior
CONCERTO de OSCAR IBÁÑEZ & TRIBO