Podemos Carballiño presenta unha batería con 12 alegacións aos orzamentos municipais para este ano 2021.

A formación local podemita rexistraba así un documento recollendo alegacións aos orzamentos municipais presentados polo grupo de goberno socialista para este ano 2021 buscando mellorar a vertente social dos mesmos.

Podemos O Carballiño ven de rexistrar unha serie de alegacións aos orzamentos aprobados inicialmente en sesión ordinaria o pasado 25 de xaneiro. “Presentamos doce alegacións, a maioría de elas de carácter social e coa finalidade de que estes orzamentos para o 2021 sexan útiles para aliviar a situación económica tan alarmante de moitos sectores e familias de O Carballiño” indica Manuel Nogueira, voceiro local e dende fai unhas semanas responsable da Secretaría de Municipalismos de Podemos Galicia.

AVANTAR ACTIVIDADES

“A situación de emerxencia económica sobrevida pola COVID-19 afectou a moitos fogares e negocios do noso concello e da nosa comarca. Este é motivo máis que suficiente para sacar adiante uns orzamentos sociais, cousa que os que presenta o equipo de Paco Fumega, dista moito de selos” engade Nogueira, “ Mostra de esa pouca intencionalidade de presentar orzamentos sociais e por ende, do pouco compromiso de goberno local coa veciñanza, é que o ano pasado de partidas como as tan polémicas axudas a autónomos e PEMEs de un orzamento inicial de 460.000 € quedaron sen adxudicar máis de 258.000 €. ou a destinada a emerxencia social dotada o ano pasado con 40.000€ só se investiron 3.182 €”.

Dende a agrupación local de Podemos solicitan incrementos nas partidas orzamentarias destinadas a emerxencia social, subvencións a colectivos e ONGs, actuacións para o fomento de emprego,manter e incrementar a partida para autónomos e PEMEs,que curiosamente desaparece do borrador do orzamento de este ano ou iniciativas de dinamización comercial entre outras.

“Estas modificacións que plantexamos van na liña de que os orzamentos do Carballiño este ano sirvan de verdade para manter servizos esenciais, implicándose o Concello en destinar o máximo posible do seu remanente en medidas e axudas para os sectores e as familias que peor o están pasando. O alcalde ten que de unha vez obrar xa con feitos,non só con boas palabras”, conclúe Manuel Nogueira.

PUBLICIDADE