Arnoia abre o concurso de carteis para a Festa do Pemento deste ano

O concello de Arnoia prepara a 42ª edición da Festa do Pemento, que se prevé celebrar entre o 30 de xullo e o 1 de agosto. Este ano terá o mesmo formato ca o ano pasado en forma de Roteiros Gastronómicos que suplirán a tradicional comida multitudinaria. A convocatoria do concurso de carteis sairá en breve, con presentación libre para afeccionados e profesionais e cun premio de 1.000 euros, que se outorgarán á imaxe vencedora que representará ó evento. A data límite de entrega de propostas será o 7 de xuño.

O Roteiro Gastronómico do pasado ano foi un éxito de participación, no que se contou con todos os bares e restaurantes do municipio e que se espera que se sumen de novo este ano. Cada un deles ofrece os pementos en diversas modalidades: fritos, en croquetas ou en tortilla. A páxina web pementosdearnoia.com xa está dispoñible para a inscrición dos locais participantes.

AVANTAR ACTIVIDADES