A Garda Civil investiga a dous veciños da Fontela por un presunto roubo

A garda civil de Freas de Eiras tomou declaración como investigados ós veciños da Fontela, en Maside, con iniciais D.G.M. de 48 anos e M.G.M. de 23 anos, como presuntos autores dun delito de roubo tras ser sorprendidos dentro dunha canteira de Carteles cando intentaban apoderarse de material metálico que cortaran previamente.