Nota do PP de Ribadavia: “O goberno mentiu á cidadanía afirmando que ían arranxar o entorno da Porta Nova”

IES CHAMOSO LAMAS
  • O goberno de PSOE e ReC, nun novo alarde de propaganda, afirmou que ían levar a cabo esta obra cando non dispoñían dos permisos sectoriais que eran obrigatorios no momento de solicitar a subvención para a mesma.

O colmo da chapuza foi que o goberno de Ribadavia presumise de presentar o proxecto anticipándose á data límite de presentación cando debían saber que o non dispoñer dos permisos sectoriais no momento da presentación era causa de rexeitamento do proxecto

O goberno de Ribadavia mentiu á cidadanía afirmando que ían arranxar o entorno da Porta Nova cando sabían que non tiñan os permisos sectoriais obrigatorios para poder pedir a subvención. O goberno de PSOE e ReC, nun novo alarde de propaganda baleira de contido, afirmou nun comunicado de prensa do pasado 15 de marzo de 2021 que ían acometer unha obra de reforma do entorno da Porta Nova cando non dispoñían dos permisos sectoriais, concretamente o permiso de patrimonio, que eran obrigatorios no momento de solicitar a subvención.

OZOCOgz Deseño Galego

O colmo da chapuza foi que o goberno de Ribadavia presumise de presentar o proxecto anticipándose á data límite de presentación do mesmo chegando a afirmar no seu comunicado que “fomos bastante dilixentes para a presentación deste proxecto aínda que quedaba tempo para tramitalo”, cando debían saber que, tal e como marca a orde de subvencións á que pretendían acollerse, o feito de non contar cos permisos sectoriais era xa unha causa de inadmisión a trámite da solicitude de subvención. Deste xeito a dilixencia transformouse en incompetencia.

Pero non remata aquí o esperpento, xa que tal e como sinala un posterior informe de patrimonio que chegou ao concello o pasado 7 de abril de 2021, as obras que se pretendían realizar non se axustaban ás cualidades do lugar, polo que non se autoriza a actuación tal e como a plantexaba o goberno municipal.

Atopámonos, polo tanto, ante un novo exemplo de propaganda e mentiras do goberno municipal, que neste caso acompáñase da falta absoluta de capacidade de xestión, xa que non foron capaces nin de ler a orde de subvencións para saber que sin ter o permiso de patrimonio o día que presentaban a solicitude, a mesma xa non podería ser admitida a trámite. Confírmase deste xeito que o novo goberno de Ribadavia aumentou a partida presupuestaria destinada a propaganda nun 44% para esforzarse en facer comunicación que tape a súa absoluta falta de capacidade para a xestión municipal, unha falta de capacidade que se ve reflexada no feito de que non sexan capaces nin de ler unha orde de subvencións para saber que documentación teñen que presentar.

Dende o grupo municipal do Partido Popular de Ribadavia, lamentamos profundamente a preocupante falta de capacidade de xestión do goberno municipal. Un goberno no que os seus membros están mais preocupados de vixiar que os do outro partido non se lle metan na súa parcela de competencias, que en traballar para sacar adiante proxectos de interese para Ribadavia.