O círculo de Podemos en O Carballiño solicita a creación de un plan municipal de saúde mental postcovid-19

Os datos de diversos estudos que se están realizando evidencian o impacto do confinamento e, por suposto, da crise económica que terá consecuencias sociais e de saúde para as que temos ir preparándonos. A Organización Mundial da Saúde (OMS) advertiu xa a mediados do ano pasado das consecuencias para a saúde mental que está a ter a COVID-19 no mundo e as que vai ter no futuro, cun posible aumento de suicidios e de trastornos, e instou aos distintos gobernos a non deixar de lado a atención psicolóxica.

Na sanidade pública galega hai menos de catro psicólogos clínicos por cada 100.000 habitantes, o que provoca a demora na atención e unha maior periodicidade entre consultas. Estas deficiencias no sistema público non deixan outras alternativas aos pacientes cá medicación, ou a sanidade privada, á que a gran maioría da cidadanía non pode acceder.

AVANTAR ACTIVIDADES

“Ante esta situación, dende o Círculo de Podemos de O Carballiño propoñemos apostar polo reforzo da Saúde Mental na liña que marca o Plan de Saúde Mental de Galicia PostCOVID19 do SERGAS, que toma como referencia o Plan de Acción sobre Saúde Mental 2013-2020 da OMS” comenta o portavoz local, Manuel Nogueira.

“E para iso suxerimos tres liñas de actuación que se resumen nos acordos que vimos de expoñer na nosa proposta e que estamos a presentar en outros concellos de toda Galicia” apunta Nogueira

Os acordos que formulan dende a agrupación morada serían:

1. Que o Pleno do Concello de O Carballiño inste ao SERGAS e ao Goberno da Xunta de Galicia á ampliación da área de psicoloxía do centro médico de O Carballiño.

2. Solicitar por parte do Concello ao Goberno da Xunta de Galicia e ao SERGAS a creación do ETAC (Equipo de Tratamento Asertivo Comunitario) no CHUO co obxectivo de garantir o servizo de saúde mental a domicilio de pacientes e usuarias no noso hospital comarcal de Ourense

3. Instar á Xunta de Galicia a realizar unha diagnose sobre o impacto da COVID19 na saúde mental da poboación galega que reflicta a realidade do noso Concello.

. Deseñar un plan de saúde mental municipal co fin de dotar ao Concello de O Carballiño dunha estratexia para abordar as políticas de mellora neste ámbito que inclúa:

◦ A Creación dun Gabinete Psicolóxico Municipal para complementar e coordinarse co servizo que teña que prestar o ETAC ás distintas pacientes e usuarias do concello de O Carballiño.

◦ Un programa de asesoramento e apoio en saúde mental a entidades sociais e profesionais que facilite a detección precoz de problemas psicolóxicos durante as súas actividades.

◦ Apoio ás entidades que traballan na inserción sociolaboral e psicosocial das persoas con problemas de saúde mental, para reforzar os servizos e programas de acompañamento e orientación no ámbito laboral ás persoas afectadas, baixo supervisión pública e cláusulas sociais.

◦ Desenvolvemento das competencias municipais en materia de saúde e sanidade. Reivindicación do papel dos concellos en materia de promoción da saúde, hábitos de consumo e saúde ambiental.

◦ Reactivación de tódolos órganos de participación do noso concello para a elaboración de plans de saúde mental coa participación de profesionais da rede de saúde mental pública, persoas relevantes do campo da saúde mental no noso concello e persoal con experiencia propia.

◦ Integración do noso Concello nos órganos de participación que dende o SERGAS e as distintas administracións van a desenvolver e avaliar as distintas liñas do Plan de Saúde Mental de Galicia PostCOVID-19 2020- 2024 do SERGAS.

◦ A realización de campañas de sensibilización e contra a estigmatización das persoas con problemas de saúde mental


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS DA MOCIÓN

É evidente que o esforzo e traballo do persoal sanitario e a aparición das vacinas servirán para, pouco a pouco, controlar a primeira e fundamental crise producida pola COVID-19, sumado tamén ás medidas de confinamento e á responsabilidade da poboación. Pero esta crise sanitaria leva asociada e oculta unha crise de saúde mental na que as secuelas se dilatarán no tempo máis do que se agarda.

Os datos de diversos estudos que se están realizando evidencian o impacto do confinamento e, por suposto, da crise económica que terá consecuencias sociais e de saúde para as que temos ir preparándonos. A Organización Mundial da Saúde (OMS) advertiu xa a mediados do ano pasado das consecuencias para a saúde mental que está a ter a COVID-19 no mundo e as que vai ter no futuro, cun posible aumento de suicidios e de trastornos, e instou aos distintos gobernos a non deixar de lado a atención psicolóxica.

como o medo, a incerteza, a ansiedade e a depresión convértense en patoloxías que deben ter resposta para unha volta á normalidade. A vinculación de saúde e economía é evidente; e non só a saúde física senón tamén a mental. Tal como recolle o Plan de Saúde Mental de Galicia PostCOVID-19 2020-2024 do SERGAS, a saúde mental é algo máis que a ausencia de trastornos mentais; a Saúde Mental é un estado completo de benestar físico, mental e social.

A saúde mental é unha materia de interese para todos e non só para aqueles afectados por un trastorno mental, pois a saúde mental é algo máis que a ausencia de trastornos mentais: é un estado completo de benestar físico, mental e social, no que calquera persoa pode conseguir os seus obxectivos e ser capaz de facer fronte á tensión da vida, traballar de maneira frutífera e contribuír á súa comunidade. A saúde mental é unha materia de interese para todas as persoas e non só para aquelas afectadas por un trastorno mental.

Neste caso os grupos en maior risco son o persoal sanitario e de primeira resposta, coa ansiedade e tensión que están a vivir, nenos e adolescentes, mulleres con risco de violencia doméstica, as persoas que viven nunha situación de soidade non desexada, os maiores, polo risco de ser infectados, persoas con condicións mentais preexistentes ou outras enfermidades, que teñen máis difícil seguir recibindo tratamento. E tamén persoas que vexan alterada a súa capacidade económica, persoas que se previamente eran vulnerables, agora sono máis. Ou sen ser previamente vulnerables; simplemente persoas que se enfrontan ao futuro cos medos e incertezas que antes se citaban. Intentos de suicidio ou abuso de substancias son situacións que se incrementaron tras a crise económica de 2008 e que volven darse no contexto no que estamos e que podería empeorar nos vindeiros meses.. Polo tanto, en saúde mental, e en palabras da OMS, “non están a recibir a atención que requiren”, algo que se agudiza pola falta de investimento e prevención neste terreo antes da chegada da pandemia.

Na sanidade pública galega hai menos de catro psicólogos clínicos por cada 100.000 habitantes, o que provoca a demora na atención e unha maior periodicidade entre consultas. Estas deficiencias no sistema público non deixan outras alternativas aos pacientes cá medicación, ou a sanidade privada, á que a gran maioría da cidadanía non pode acceder.

Ante esta situación, dende o Círculo de Podemos de O Carballiño propoñemos apostar polo reforzo da Saúde Mental na liña que marca o Plan de Saúde Mental de Galicia PostCOVID19 do SERGAS, que toma como referencia o Plan de Acción sobre Saúde Mental 2013-2020 da OMS e para iso suxerimos tres liñas de actuación:

Por unha banda, no Centro Médico de O Carballiño non existen actualmente o servizo de psicoloxía, o que crea unha situación de desasistencia deste servizo que xa se daba antes da aparición da COVID-19, polo que pedimos que se active dito servizo con persoal e recursos, en prevención do aumento de usuarios afectados por patoloxías mentais.

Como segunda liña de acción, tamén propoñemos a creación e dotación de recursos dos Equipo de Tratamento Asertivo Comunitario (ETAC) en tódolos hospitais comarcais seguindo o modelo do ETAC da área sanitaria de Ferrol. Equipos completamente dotados para cada distrito sanitario. Estes equipos son os que se desprazan a domicilio garantindo a asistencia integral do paciente na súa contorna en coordinación cos recursos socio-sanitarios dispoñibles na nosa comunidade. Polo tanto, cremos que é unha boa medida para dar asistencia a aqueles pacientes e usuarios que non poidan desprazarse e necesiten atención, á vez que se cumpren protocolos de distanciamento social que seguramente nos acompañarán durante bastante tempo. Conxuntamente, deberíanse crear Centros de Atención Diaria Públicos para persoas con trastornos mentais graves en todas as áreas sanitarias. Estes últimos centros facilitarían que o servizo chegase a toda a poboación que o requirise sen ter que depender exclusivamente dos ETAC dada a actual distribución dos mesmos.

E unha terceira liña sería a creación de Gabinetes Psicolóxicos Municipais, servizo gratuíto de atención psicolóxica para axudar, non só as persoas usuarias de Servizos Sociais como ata o de agora, senón a toda a cidadanía que precise facer fronte aos problemas emocionais e psicolóxicos, tanto derivados pola pandemia, como doutro tipo de cuestiones xeradoras de estrés ou ansiedade. Servindo como referentes os xa existentes Gabinetes Psicopedagóxicos Municipais, os cales prestarían un servizo de primeira necesidade a usuarias que o requirisen. Estes Gabinetes traballarían coordinada e coparticipadamente cos distintos ETAC e coas áreas de psicoloxía dos centros médicos. Para o desenvolvemento coordinado de ambos entes débese crear un plan estratéxico de acción e intervención que garanta a coordinación das áreas municipais de psicoloxía que se doten cos ETAC e desenrole plenamente as accións de prevención e promoción da saúde propias nas competencias dos concellos conxuntamente coas unidades de saúde mental.

Así pois dende o Círculo de Podemos no Carballiño queremos incidir no necesario destas medidas de reforzo que garantan a saúde, incluída a mental neste caso.