A Praza de Abastos do Carballiño tomou a decisión uns meses atrás de non realizar campañas promocionais como acostuman facer. A última que se celebrou, con sete cestas de produtos como regalo ós fieis consumidores, foi a de Nadal. Tanto polo Día do Pai, como o Día da Nai, que se celebra este domingo, non contaron con iniciativas para promover as ventas. O presidente da praza asegura que foi unha decisión unánime motivada polas restricións e limitacións para que puidese vir xente de fora do Carballiño.
A pesar diso, esperan que a xornada de mañá sexa unha das máis importantes do ano a nivel de vendas. Ademais de día de feira, é a véspera a esta celebración, que ca situación sanitaria trasládese máis ós fogares. As reservas xa están feitas e dende a praza recordan que a xornada do sábado, día festivo, permanecerán pechados.