Emilia Pardo Bazan e as letras galegas protagonistas do mes de maio no Carballiño

IES CHAMOSO LAMAS

A concellería de Cultura do Carballiño ven de presentar a programación cultural do mes de maio na que destaca o eido literario. Podemos salientar a exposición sobre a Revista Nós que se pode visitar na Praza Maior da vila ata o día 14 de maio, as actividades sobre Emilia Pardo Bazán polo centenario do seu pasamento ou a homenaxe a Xela Arias nas Letras Galegas.

Tal como anunciou o Concello do Carballiño, este ano Emilia Pardo Bazán será a figura que protagonizará unha serie de actividades que buscan dar a coñecer a súa vida e obra, pero tamén o seu vínculo co Carballiño. Logo da reedición do Cisne de Vila Morta, neste mes a concellería programou unha exposición fotográfica no concello en colaboración con Potiños sobre aqueles espazos do Carballiño nos que transcurriu unha parte da vida e obra da escritora que se inaugurará o día 11 de maio. Tamén está programada unha ofrenda floral na Praza Emilia Pardo Bazán no mesmo día que se cumpre o centenario do seu pasamento, o 12 de maio, e o sábado 22 pola mañá  terá lugar un roteiro  na zona rural do Carballiño sobre a escritora  da mán do Instituto de Estudios Chamoso Lamas, este terá as prazas limitadas e @s interesad@s poderán anotarse no enderezo electrónico oixcultura@carballino.gal . Ademais, o alumnado de 4º da ESO do Carballiño poderá disfrutar dunha visita teatralizada da escritora.

HIPER MASIDE

En canto ás Letras Galegas, a programación comezará ca actuación de Peter Punk na Praza da Veracruz o sábado 14 ás 12h ca súa obra infantil “novo espectáculo viral” e continuará na Insua dos Poetas o día 17 de maio ás 19h con 4mal Quartet Jazz  con “musicando versos por Xela Arias”. Ademais, por parte da concellería de Educación e Normalización Lingüística  vai a realizarse un mural adicado á poeta nun espazo céntrico, obradoiros nos centros escolares e actuacións por parte do Conservatorio Municipal.

Ademáis, os colectivos culturais do Carballiño continúan cas actividades, como é o caso do Cineclub, que proxectará ao longo do mes en sesión de tarde os venres e os domingos, as películas “Olvido y León, “ Cuñados”, “Nación “ e “El horizonte”. O colectivo fotográfico Potiños, que conta con varias exposicións espalladas por locais da vila, celebrará o domingo 23 a actividade “pon unha foto na rúa: retratos con máscara” e o Instituto de Estudos Carballiñeses presentará a edición número 37 da Revista Agora do Orcellón o sábado 29 ás 12h no Auditorio Manuel María.