Piden responsabilidades pola falla de tramitación das multas por incumprir as medidas da covid-19

Onte, Manuel Nogueira, voceiro de Podemos no Carballiño, manifestábase a raíz das declaracións da Policía Local sobre os problemas co cumprimento das medidas da pandemia e a problemática da tramitación das multas.

Hoxe, foi o Partido Popular o que se pronunciou sobre este tema. Recordan que no Pleno celebrado o día 14 de decembro do pasado ano (xa hai case cinco meses) aprobouse a adhesión do Concello do Carballiño ao Convenio coa Xunta de Galicia para articular a encomenda de xestión á esta última para a realización de actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos de Galicia, en relación co incumprimento das medidas de prevención aprobadas para a loita contra o COVID- 19, compre aclarar cal e o estado de cumprimento de dito convenio por parte do Concello.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por elo, o PP do Carballiño ven de solicitar o Concello que se aclare cal e o estado de cumprimento do convenio subscrito no mes de decembro, e polo cal o Concello quedaría liberado na práctica de calquera traballo administrativo, tendo tan solo que nomear instrutor do procedemento e remitir as denuncias a Xunta de Galicia.

As preguntas concretas que se lle formulan o Concello son as seguintes:

– Número de denuncias efectuadas pola Policía Local do Carballiño en relación a incumprimentos da normativa Covid que actualmente están pendentes de tramitar polo Concello do Carballiño.

– Número de denuncias efectuadas por calquera outro Corpo de Seguridade que foran remitidas a ese Concello e que estean pendentes de tramitar.

Piden responsabilidades – Número de denuncias que xa foron remitidas a unidade tramitadora base da Xunta de Galicia, de acordo co Punto 1 do apartado “fluxo de trámites” do Convenio asinado.

– Identidade do instrutor ou instrutores dos procedementos que designase o Concello, e caso de que xa o tivese feito.

– Número de denuncias que estean actualmente en tramitación de acordo co previsto no citado convenio.

– Número de sanción que xa houbesen sido resoltas de acordo co previsto no citado convenio.

Entenden que coa resposta a estas cuestións (que deberá ser feita en cinco días, de acordo co Regulamento de Organización que vimos de aprobar no último Pleno) quedará aclarado quen e o responsable de que as denuncias feitas polo tema Covid no Carballiño estean a quedar en papel mollado, dificultando ou imposibilitando o traballo da Policía Local e provocando situacións de risco para os nosos veciños.