O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, compareceu hoxe para dar conta das medidas que entrarán en vigor a partir deste sábado, cando deixa de ter efectividade o Estado de Alarma.
Por unha banda, Galicia deixará de estar pechada perimetralmente. Calquera pode entrar en Galicia, cun reforzo no rexistro de viaxeiros. O toque de queda tamén se elimina, xa non tendo efectividade o propio sábado. A hostalaría poderá abrir ata as 23:00 horas e os restaurantes ata as 01:00 horas, con cita previa, rexistro e medidores de CO2. As reunións con non conviventes quedarán prohibidas entre as 01:00 e as 06:00 horas.
Estas medidas teñen excepcións, sobre todo para os concellos en nivel máximo de restricións, que terán peche perimetral, toque de queda ás 23:00 horas, peche de hostalaría e prohibición de reunións. Nos demais niveis (alto, medio e medio baixo) o que variará serán os aforos da hostalaría.
- Nivel máximo: Cambados, Vilanova, Cualedro, Laza e Padrón. Haberá peche perimetral, toque de queda ás 23 horas (ata as 06:00), a hostalaría péchase e as reunións de non conviventes estarán prohibidas.
- Nivel alto: A Merca, Pastoriza, Marín, A Laracha, Gondomar, Salceda de Caselas, Mesía, Ribeira e Coristanco. Haberá hostalaría so nas terrazas. Reunións de 4 personas no interior e 6 exterior. Sen toque de queda, sen peche perimetral.
- Nivel medio: son 28 concellos. A hostalaría ó 30 por ciento no interior e 50 no exterior e limitación de 4 personas interior e 6 no exterior. Sen toque de queda ou peche perimetral
- Nivel medio-bajo:son 271 concellos. Non habrá toque de queda nin peche perimetral, manteñense os aforos y as reunións.
A gran novidade terá que ver tamén cas residencias de maiores, que tamén contarán con alivios. Os residentes poderán facer paseos polo entorno e xa poderán facer visitas ó seu fogar con contacto físico.