O Carballiño recupera emprego en abril cun centenar menos de persoas no paro

O número de parados rexistrados en Galicia baixou en 9.941 persoas no mes de abril, con respecto ós datos do mes de marzo, unha baixada do 5,5%.

A comarca do Carballiño conta con 112 parados menos, pasando dos 1.719 ós 1.607, con descenso de persoas desempregadas en todos os concellos salvo en Piñor (+2) e Beariz  (+3). O Carballiño conta co maior incremento de emprego, cunha inserción de 76 persoas, pasando dos 1.022 desempregados ós 946; Maside logrou o emprego de 20 persoas; Boborás (+7); Irixo (+6); Punxín (+4); San Cristovo de Cea (+3) e San Amaro (+1).

AVANTAR ACTIVIDADES

No caso do Ribeiro, a recuperación económica non é tan acusada. A comarca baixou en 12 os desempregados, pasando dos 918 ós 906. Ribadavia mantén a mesma cifra en 358 e tamén Arnoia, nos 40. Tres concellos aumentaron o número de persoas desempregadas: Melón en seis persoas, Carballeda de Avia en catro e Cortegada en tres. No caso contrario, Leiro lidera a recuperación de emprego con 14 traballadores en activo máis; Castrelo de Miño, Avión e Cenlle con tres máis cada un e Beade con dous máis.