O PSOE de Leiro pregunta pola falla de limpeza da Ponte da Esperela

Desde o PSdeG-PSOE e baixo o lema “MELLORANDO LEIRO” queren pedir explicacións á Conselleria de Infraestructuras e Mobilidade pola limpeza da Ponte da Esperela a traves da Axencia Galega de Infraestructuras xa que aseguran que non ai un ano, que se levou acabo dita intervención de limpeza e conservación.

Publicidade

Os socialistas queren que lles expliquen cal ou cales son os motivos polos que en menos dun ano estea saindo de unha forma abundante outra vez a maleza, amosando preocupación porque algo non se fixo ben. Por iso van a presentar un escrito pedindo explicacións.