O PP recordalle ao grupo de goberno que o Asilo aínda non se desinfectou

O Partido Popular do Carballiño fai un chamamento ao Grupo de Goberno para que se proceda o máis pronto posible a desinfección do Asilo.

Actuouse fumigando e desinfectando en moitas instalacións e zonas do Carballiño, pero no Asilo aínda non se fixo. Hai que pensar que no mesmo hai aproximadamente uns 100 maiores, aparte traballadores e monxas. A media de idade dos residentes supera os 85 anos e hai varios centenarios.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por eso non se entende que nunha instalación de alto risco pola idade e cantidade de residentes queda de última.

O PP reclama que ca máxima urxencia se proceda a desinfectar as instalacións.