Visita dos deputados do Psdeg-Psoe a Carballiño

Os deputados no Congreso Uxía Tizón e Adolfo Pérez Abellás, xunto coa parlamentaria Marina Ortega, visitaron O Carballiño para interesarse pola situación do Concello.

Nun encontro co alcalde, Paco Fumega, e membros da corporación local, incidiron na necesidade de continuar impulsando políticas públicas por parte do Estado e seguir traballando no desenvolvemento da comarca.

AVANTAR ACTIVIDADES

Así mesmo, reclamaron á Xunta de Galicia unha maior inversión e un reparto xusto dos fondos europeos Next Generation como motor da recuperación.