Exposición pictórica de Julio Calvo no auditorio municipal

IES CHAMOSO LAMAS

Sesenta e cinco obras compoñen a mostra do pintor carballiñés Julio Calvo, que amosa por primeira vez ao público a súa producción artística caractetizada por usar a técnica de acrílico expansivo, e que se inaugurou esta mañá coa asistencia do alcalde e o concelleiro de Cultura, Francisco Fumega e Diego Fernández, respectivamente. O concelleiro de cultura animou os veciños a participar desta obra

Julio Calvo toca os máis diversos temas, desde o cosmos á natureza, cun enmarcado artesán moi orixinal na maioría das obras. Unha obra que define como expansiva

OZOCOgz Deseño Galego

O centro de estudos chamoso lamas colabora nesta exposición , carlos rodriguez falou en nome desta asociación

O alcalde do Carballiño Francisco Fumega analizou por encima sua obra , a que comparou o artista José Moleiro presente na inauguración

Tanto o concelleiro como o alcalde destacaron o mérito deste pintor de profesión, actualmente xubilado, que dedica unha boa parte do seu tempo a crear arte pictórico, e animaron á veciñanza a visitar esta mostra, que se pode ver de 19 a 21 h de luns a venres, e de 10 a 12 da mañá os sábados, domingos e festivos durante este mes de xullo e agosto.