Colaboración da Deputación de Ourense coa asociación cultural Unión Musical de Allariz

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial co director da asociación cultural Unión Musical de Allariz, José Vega, xuntanza na que se acordou a colaboración da institución provincial coa banda de música alaricana, un colectivo que conta con máis de cen alumnos. A cooperación da Deputación irá destinada a xestión de funcionamento da entidade e adquisición de instrumental. “Acordamos colaborar tendo en conta a destacada traxectoria da banda de música, o interese do seu director e o éxito que ten acadado esta agrupación musical”, afirma Manuel Baltar. 

Publicidade