O concello de Ribadavia abrirá a piscina en verán.

Publicidade ASPADISI

Está aberto o prazo para solicitar o bono da piscina municipal “A Veronza” para a tempada 2021. Desde o Concello levamos un mes traballando na posta en marcha e funcionamento da piscina municipal, supón un esforzo importante tendo en conta que leva case dous anos pechada, xa que o verán pasado non abriu.

O CONCELLO TAMÉN PROGRAMA O CURSO DE NATACIÓN 2021, ABRINDO O  PRAZO PARA SOLICITUDE DE PRAZA.

HIPER MASIDE

Todo se fai de acordo a norma COVID e de seguridade e prevención, o que supón un esforzo extra para o Concello. 

NÚMERO DE PRAZAS : Máximo 36.
IDADE : 4 ANOS en adiante.
DURACIÓN DO CURSO : Dende o 1/Xullo ao 31/Agosto.
HORARIOS : Luns a venres en horario de mañá (Entre as 11:00 h. e as 14:30 h.) Duración 45 minutos/clase.

PROCEDEMENTO E PRAZOS :
SOLICITUDE DE PRAZA : Ata o 4/Xuño ás 14:00 horas.
ADXUDICACIÓN DE PRAZAS : 7/Xuño ao 10/Xuño.
RESERVA DE PRAZA (Aboamento Matrícula) : 11/Xuño ao 18/Xuño.
GRUPOS E HORARIOS : 24/Xuño.

PREZOS PÚBLICO:
MATRÍCULA ORDINARIA: 30 €/MES (EMPADROADOS RIBADAVIA) 45€/MES (NON EMPADROADOS)
ABOADOS SERVIZO MUNICIPAL DEPORTES: 20 €/MES EMPADROADOS RIBADAVIA) 40 €/MES (NON EMPADROADOS)
ALUMNOS CON 2 MEMBROS DA FAMILIA (PAI E NAI) DESEMPREGADOS: 0 €/MES (EMPADROADOS RIBADAVIA) 20 €/MES (NON EMPADROADOS)
MÁIS DUN IRMÁN MATRICULADO: DESCONTO 10% A PARTIR DO PRIMEIRO IRMÁN.

CRITERIOS PARA ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS :
1º EMPADROADOS NO CONCELLO DE RIBADAVIA.
2º ABOADOS AO SERVIZO MUNICIPAL DE DEPORTES : Atoparse en situación de aboado ao servizo acollido a calquera das modalidades recollidas na ordenanza nº 24 de prezos públicos por uso das Instalacións Deportivas Municipais B.O.P. (31/01/2012).
3º MATRICULADOS NO CURSO ANTERIOR (Curso Natación 2019).

Os interesados poden descargar o impreso da web www.deportesribadavia.es na pestaña “IMPRESOS SOLICITUDES” – “SOLICITUDES XENÉRICAS”, ou ben recollelo directamente nas oficinas do SMD (P. O Consello) de luns a venres de 9:00 h. a 14:00 h.
Deberán presentar a Solicitude Reserva de Praza Natación nas Oficinas ou envíala a smd@ribadavia.es antes das 14:00 horas do día 4 de Xuño do 2021.

– PISCINA MUNICIPAL A VERONZA 2021 :sun_with_face:
BONOS TEMPADA

– Está aberto o prazo para solicitar o bono da piscina municipal “A Veronza” para a tempada 2021.
Os interesados poden descargar o impreso de pago domiciliado da web www.deportesribadavia.es na pestaña “IMPRESOS SOLICITUDES” – “AUTOLIQUIDACIÓN”, ou ben recollelo directamente nas oficinas do SMD (P. O Consello) de luns a venres de 9:00 h. a 14:00 h.

PREZO PÚBLICO: (TODA A TEMPADA)
– BONO XUVENIL: 15 € (EMPADROADOS RIBADAVIA) 28 € (NON EMPADROADOS).
– BONO ADULTO: 30 € (EMPADROADOS RIBADAVIA) 49 € (NON EMPADROADOS).
– BONO XUBILADO: 15 € (EMPADROADOS RIBADAVIA) 28 € (NON EMPADROADOS).
* Ordenanza Nº 24 (BOP, 14/feb/2021.

https://deportesribadavia.es/bonos-tempada-2021-piscina-municipal-a-veronza/