O BNG defende en Avión un novo modelo eólico que sexa xusto, galego e sostible

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O BNG continúa coa súa campaña a prol dun modelo de enerxía eólica sostible, xusta e galega fronte ao modelo de arrase da Xunta de Galiza xa que “Esta expansión eólica está a desenvolverse sen unha adecuada planificación e control público e sen garantías para a participación social, a salvagarda do patrimonio natural e dos usos sociais e económicos do noso territorio”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Así mesmo, Presas recordou que “o BNG xa presentou nos últimos meses iniciativas en defensa da Serra do Suído nos concellos de Beariz, Avión, A Lama, Fornelos, Covelo e Mondariz, nas deputacións de Pontevedra e de Ourense e no Parlamento Galego pedindo a declaración como Lugar de Interese Comunitario (LIC) e integración na Rede Natura 2000 ademais de protección para os recursos hídricos, fundamentais na loita contra a crise climática e para asegurar o fornecemento ás poboacións e ao sector agrogandeiro e tamén polo papel clave como corredor natural en conexión coa Serra do Cando e do Candán. Ademais, a formación nacionalista recorda que “estamos a ver unha gran contestación social a través de numerosos colectivos e actos, como a marcha que percorreu o Suído desde Covelo a fin de semana pasada que o PP non pode seguir ignorando.”

Para as e os nacionalistas “existe un clamor social que reclama un novo modelo eólico, a comezar por un novo plan sectorial eólico que ordene o país protexendo as áreas que deben estar excluídas, como son todas as zonas pendentes da ampliación da Rede Natura ou altamente importantes para a biodiversidade”

Así mesmo, para Presas este caso exemplifica “o modus operandi do PP pois como noutras partes do país, a ampliación das figuras de protección quedou conxelada, como é a declaración de parte da serra do Suído como LIC e agora ten a espada de Damocles de proxectos mineiros e de máis de 20 proxectos de parques eólicos en tramitación pola Xunta de Galiza e faise ademais con falta de transparencia e fraude de lei cunha clara fragmentación de proxectos para axilizar a tramitación e sortear a avaliación dos impactos para que non se vexan de forma global.”

Fronte a este modelo lesivo, “o BNG defende medidas para un novo modelo eólico galego: Desenvolver e aprobar un novo marco regulatorio do sector eólico que incremente as garantías sociais, económicas e medioambientais, dar rango de lei ao impulso de Plans de Desenvolvemento Industrial asociados ás novas instalacións establecendo medidas para que as autorizacións de novos parques eólicos se vinculen a proxectos industriais que xeren riqueza e emprego no país e favorecer que unha parte das compoñentes sexan desenvolvidos en Galiza e impulsar medidas para garantir a socialización dos beneficios do papel xerador de Galiza e o retorno económico para o noso país apostando pola constitución dunha empresa pública galega de enerxía e fomentando a participación pública da Xunta e dos concellos galegos así como das persoas propietarias das terras (comunidades de montes, propiedades agrogandeiras) de maneira que xere rendas complementarias.