Os bombeiros extinguen un incendio nunha vivenda en Dacón

Os bombeiros do parque do Carballiño-Ribeiro recibiron a chamada alertando dun lume ás 23:55 horas, acompañados dunha dotación da Garda Civil, que tamén se achegou ata o lugar. Ó desprazarse ata lugar, unha vivenda en Dacón estaba sendo froito das lapas dun incendio, co teito xa calcinado.

Procederon á extinción total lume e ó recheo de espuma da parte baixa da vivenda dada a cantidade de combustible que había. A intervención deuse finalizada en torno ás 02:00 horas da madrugada. Polo momento descoñécense as causas que provocaron o lume, xa que os propietarios da vivenda residen habitualmente en Vigo.

AVANTAR ACTIVIDADES