Cea celebrará o seu campamento de verán durante o mes de xullo

O campamento de verán do concello de Cea celebrarase entre o 1 e o 31 de xullo, con prazas limitadas para nenos entre os 4 e os 12 anos. O prazo de inscrición estará aberto ata o día 25 de xuño. As actividades serán en horario de 10 a 14 horas, pero tamén conta con servizo madrugadores, de 9 a 10 horas para as familias que o soliciten.

Publicidade

O programa, cunha temática semanal, inclúe a educación medioambiental e ciencia divertida, diversidade funcional dos sentidos, cultura e deporte de inclusión.