Boborás, Beariz e Avión recibirán axudas para melloras e investimento da Deputación

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou a incorporación ao Plan provincial de Cooperación de 13 obras na rede viaria provincial por un valor superior a 1.440.000 euros, así como subvencións aos concellos, ademais de entidades sociais e culturais, por un importe próximo aos 870.000 euros.

Entre as obras atópase a instalación de sistemas de contención na estrada OU-0415 en Boborás (88.160 €) e tamén aprobouse finalmente o investimento de 48.000 euros no acondicionamento de camiños e obras de aforro enerxético en catro localidades do municipio de Beariz.

AVANTAR ACTIVIDADES

Tamén foi ratificado o convenio cos concellos de Avión, Lobeira, Trasmiras e Viana do Bolo para a adquisición dun tractor con rozadoira, destinada á prevención e loita contra os incendios forestais.