Nas últimas semanas son múltiples as queixas por parte das usuarias e usuarios por mor das altas temperaturas que se acadan no seu interior
Os nacionalistas tamén denuncian que pese as altas temperaturas e a que as piscinas de Oira están completamente preparadas para a súa apertura, estas non abran ata o vindeiro luns
O BNG trasladou na reunión do Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes deste xoves, as múltiples queixas dos usuarios e usuarias do ximnasio e das clases dirixidas do Pavillón dos Remedios, por mor das altas temperaturas que teñen que soportar durante as actividades ao carecer a instalación dun sistema de climatización, “e se o hai, non está a funcionar” afirma Rhut Reza.
Por outra banda, a concelleira nacionalista Rhut Reza afirma que “non entendemos porqué a veciñanza ten que agardar ata o luns para gozar das piscinas de Oira xa que están cheas e listas para o seu uso”, e engade, “hai un fin de semana caluroso polo medio que podería ser aproveitado polas veciñas e veciños”.
“Houbo tempo para a contratación de socorristas e o sistema de control de aforos que se empregou o verán pasado funcionou ben polo que non debería haber dificultade para a súa apetura canto antes”.