O’Potiños presenta unha nova edición do Arenteiro Fotográfico con novidades

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O salón de plenos do concello do Carballiño acolleu esta mañá a presentación dunha nova edición do “Arenteiro Fotográfico”, evento organizado pola asociación O`Potiños.

O evento acollerá once exposicións durante os meses de outubro e novembro, e unha novidade: este ano contan cun baixo na rúa Principal que albergará sete exposicións xuntas que se poderán desfrutar con independencia de horarios e días festivos. Unha desas mostras será en colaboración co centro Chamoso Lamas, ca súa exposición “Memoria viva do río Arenteiro”.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Outra destas exposición serán as 20 mellores fotografías do concurso de temática libre que rematou a comezos deste mes. Os premios entregaranse o 9 de outubro no acto inaugural di “Arenteiro Fotográfico”, xunto ca charla de Vari Caramés, premiado deste ano.

Este ano, o cartel é de Mari Izquierdo, coma homenaxe a esta fotógrafa e o traballo feito. O presidente de O`Potiños quere destacar a boa acollida dende toda España ó traballo do grupo, e anima a todos a desfrutar del.

O concelleiro de cultura, Diego Fernández, destacou o esforzo deito pola agrupación para consolidarse como referente no sector a nivel galego e nacional, e convida a todos a desfrutar da fotografía.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------