A Xunta inclúe ao Carballiño entre outras cinco localidades galegas para desenvolver o 19 de xuño con carácter simultáneo una experiencia piloto de celebración de verbenas seguras.
O concelleiro de Cultura, Diego Fernández, mantivo unha reunión ca Comisión de Seguridade da Xunta de Galicia para concretar como se desenvolverá. En primeiro lugar, modificouse a ubicación, do campo do Espiñedo ás Barcias, no parque municipal. A prquestra encargada do espectáculo será Cinema.
O aforo manterase nun máximo de 1.000 persoas, adquirindo as entradas a través dunha páxina web, na que se venderon xa a metade nesta fin de semana. Nas primeiras 24 horas chegábase a preto de 400 entradas vendidas. A idea inicial era contar cunha pulpeira e cun espazo con atraccións. Agora, co protocolo pechado, haberá dous espazos de zona de baile, onde haberá que estar ca máscar aposta en todo momento, e non se poderá nin comer nin beber.