Alumnos da materia de Educación en Valores de 4º de primaria do CPR Plurilingüe Vila do Arenteiro fanlle unha petición ao alcalde do Carballiño

Antes da pandemia os alumnos de dita asignatura traballaron o tema de como contribuir a mellorar a súa localidade. Tras uns días de reflexión consideraron que o mellor que podían facer polo seu pobo era garantir que todos os nenos poidan desfrutar do tempo de lecer en igualdade de condicións e que para iso é necesario que os parques infantís estén adaptados ás necesidades de todos. Consideramos que ao deseñar este tipo de parques  estaremos favorecendo a súa participación e tamén a integración e inclusión na vida normalizada. Por outro lado favorécese a sensibilización, posto que tamén estaremos axudando a cambiar a percepción e actitudes que a sociedade en xeral ten hacia eles.

Son conscientes de que o parque infantil do entorno da Veracruz dispón de plaza de estacionamento para persoas con discapacidade e iso fixo que lles pareza o lugar máis axeitado para crear un parque accesible. Comprobaron que a día de hoxe non existe equipamento específico, que non hai sombras que protexan a nenos que non poden desplazarse e que se manterían durante demasiado tempo ao sol.

AVANTAR ACTIVIDADES

Con todo o anterior e basándonos no “manual de parques infantiles” da Fundación Lukas e o manual de “Parques infantiles accesibles” de Jorge Palomero Ferrer

Solicitaron:

-Itinerario: que a rampa da beirarrúa non remate nun corte vertical por pequeño que sexa pois impide que suban as cadeiras de rodas a motor. A entrada do parque debe garantizar os 2 metros de ancho.

-Zona de Estancia: Instalación de fontes accesibles para cadeiras de rodas e paneles informativos en braille e con pictogramas para nenos con TEA. Colocación de elementos de sombra (as árbores actuáis non son una solución inmediata ainda que o sexan a longo prazo).

-Elementos de xogo: xogos sonoros, balancín para cadeira de rodas, balancín con catro asentos con respaldo e peches seguros, canasta accesible

Achegamos imaxes dalgunha das suxerencias