Os senadores do PP demandan ao Goberno de Sánchez que habilite prazas para a veciñanza da Ponte no aparcadoiro da Estación Intermodal

Os populares fanse eco da demanda veciñal nun barrio con gran escaseza de aparcadoiros e piden que se habilite unha porcentaxe de prazas, ben de xeito gratuíto ou a prezo superrreducido, tal e como reclama a Xunta de Galicia, principal financiador desta infraestrutura

·      Tamén piden que se convoque a Comisión de Seguimento do Convenio Marco de Colaboración, firmado o 22 de xuño de 2016 entre o Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia, o Concello de Ourense e Adif AV, para o desenvolvemento da futura Estación Intermodal de Ourense e o seu entorno urbano, “pois non é de recibo que nada se saiba desta comisión fundamental para unha das obras máis importantes da cidade nas últimas décadas”

AVANTAR ACTIVIDADES

·      “É preciso que o Goberno de Sánchez escoite as demandas dos habitantes de Ourense e do barrio da Ponte en particular, porque compre darlle unha solución efectiva ao gran problema de aparcamento que ten esta zona tan populosa da nosa cidade”, sinala o senador Jesús Vázquez

Os senadores do Partido Popular de Ourense demándanlle ao Goberno de Sánchez que poña prazas a disposición da veciñanza da Ponte no novo aparcadoiro soterrado da Estación Intermodal, onde os traballos de construción desta nova infraestrutura con 300 prazas e a urbanización da praza van en tempo e forma e pronto estarán rematados.

Os populares fanse eco así da demanda vecinal no barrio de A Ponte, onde existe gran escaseza de prazas libres de aparcadoiro e piden por elo que se poña unha porcentaxe a disposición da veciñanza, ben de xeito gratuito, ben a un prezo superrreducido, tal e como reclama a Xunta de Galicia, principal financiador desta infraestrutura (sufraga o 67 % do custe da obra, 3,9 millóns de euros). “É preciso que o Goberno de Sánchez escoite as demandas dos habitantes de Ourense e do barrio da Ponte en particular, porque compre darlle unha solución efectiva ao gran problema de aparcamento que ten esta zona tan populosa da nosa cidade”, sinala o senador Jesús Vázquez.

Os senadores ourensáns piden tamén na moción que se convoque a Comisión de Seguimento do Convenio Marco de Colaboración, firmado o 22 de xuño de 2016 entre o Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia, o Concello de Ourense e Adif AV, para o desenvolvemento da futura estación intermodal de Ourense e o seu entorno urbano, “pois non é de recibo que nada se saiba desta comisión fundamental para unha das obras máis importantes da cidade nas últimas décadas”

Lembran os senadores do PP ourensán na exposición de motivos da moción que foi o 28 de setembro de 2018, cando o Consello de Ministros do Goberno de España daba luz verde á firma do convenio para a construción do aparcadoiro da estación de Ourense.

Dita construción estaba contemplada no Convenio Marco de Colaboración, asinado o 22 de xuño de 2016 entre o Ministerio de Fomento, a Xunta, o Concello de Ourense e ADIF AV, para o desenvolvemento da futura estación intermodal de Ourense e a súa contorna urbana. O investimento superaba os 7 millóns de euros, dos cales un 67 % correría a cargo da Xunta de Galicia e un 33 % a cargo da propia ADIF. Igualmente, na reunión da Comisión de Seguimento do Convenio Marco de Colaboración, celebrada o 17 de outubro de 2017 en Santiago de Compostela, acordouse que ADIF AV licitase e executase a obra. subterráneo. Así mesmo, en virtude do convenio, ADIF AV comprometíase a asumir a explotación, mantemento, conservación e demais dereitos e obrigacións inherentes á condición de titular do aparcamento.

O novo aparcamento localízase na praza fronte á estación ferroviaria e xunto á nova estación de autobuses, garantindo o efectivo intercambio modal para os usuarios. Ten preto de 9.000 metros cadrados distribuídos en dúas plantas, cunha lonxitude de 130 metros, e cun total de 300 prazas. Sobre o novo aparcamento levarase a cabo unha reordenación da praza da estación, incluíndo parada de taxis, zonas de parada momentánea e aparcamento de motos e bicicletas.

O resultado final deste espazo liberado de vehículos será unha nova praza peonil cuberta na fronte da estación actual, que funcionará como nodo intermodal e gran espazo público representativo, conectando a estación de ferrocarril, a nova estación de autobuses, o novo aparcamento subterráneo e a nova pasarela peonil urbana entre os barrios de O Vinteún e A Ponte.

A data de hoxe, a construción está prácticamente finalizada, esperando a súa apertura para o mes de xullo de 2021. Esta infraestrutura é unha vella demanda do barrio da Ponte, que non conta con prazas de aparcamento suficientes para cubrir a demanda. Trátase do único aparcadoiro do que constitúe o barrio máis poboado da cidade, cunha gran actividade comercial na contorna da estación de ferrocarril, sendo o centro neurálxico do devandito barrio.

Por todo elo, os senadores ourensáns reclaman na súa moción o seguinte:

1.- Poñer unha porcentaxe das prazas dispoñibles no aparcadoiro da estación intermodal da cidade de Ourense ao dispor dos veciños do barrio da Ponte, ben con carácter gratuíto ou aplicando unha tarifa  superreducida, tal e como reclama a Xunta de Galicia, principal  financiador da devandita infraestrutura.

2.- Solicitar para ese efecto que se convoque a Comisión de Seguimento do Convenio Marco de Colaboración, asinado o 22 de xuño de 2016 entre o Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia, o Concello de Ourense e Adif AV, para o desenvolvemento da futura estación intermodal de Ourense e a súa contorna urbana.