O IES Chamoso Lamas acollerá o único Ciclo de Soldadura e Caderería da provincia

O instituto IES Manuel Chamoso Lamas impartirá o próximo curso escolar o único Ciclo Medio de Soldadura e Calderería da provincia de Ourense. O centro solicitou esta modalidade á Consellería, contando ca colaboración do concello do Carballiño e con dúas empresas do sector.

GRI Towers e Dizmar acollerán o proceso de prácticas, con seis alumnos cada unha delas, no primeiro ano entre os meses de abril e agosto e, no segundo ano, entre marzo e agosto. As prácticas estarán remuneradas, a cargo das empresas, que xa teñen o convenio de colaboración asinado. O ciclo contará con dous anos de formación, e con dispoñibilidade para 12 alumnos.

AVANTAR ACTIVIDADES