O comercio do Carballiño e Celanova colaboran para potenciar o turismo, a gastronomía e as compras

TI A CARBALLIÑO E EU A CELANOVA e viceversa é unha campaña compartida entre o CCA de Carballiño e o CCA de Celanova para facer intercambio de veciños. Unha familia, parella ou amigos celanoveses pasarán a fin de semana en Carballiño e uns carballiñeses pasarán a fin de semana en Celanova desfrutando da nosa gastronomía, do noso comercio, do noso patrimonio e da nosa xente a gastos pagos.

A campaña comezará mañá, 22 de xuño e rematará 12 de xullo. O sorteo dunha fin de semana realizarase o 14 de xullo e chamarase aos gañadores en directo. Esta mañá celebrouse a presentación en Celanova, ca presenza do alcalde do Carballiño, o concelleiro de Turismo e o presidente do CCA.  

AVANTAR ACTIVIDADES

Os gañadores pasaran unha fin de semana ( 2 noites) en réxime de ALOXAMENTO E ALMORZO
en cada localidade.

  • Entregaranse uns vales para consumir nos locais de hostalaría que eles elixan (2 XANTAR e 2 CEAS cun importe máximo de 30€ por SERVIZO).
  • Tamén se entregarán 60€ de desconto en VALES de 5€ para gastar no comercio local.
  • Visita turística gratuíta a Carballiño (Visita guiada ao Templo da Veracruz e centro da vila,
    visita guiada polo paseo fluvial do Arenteiro “Gran balneario do Carballiño, Muiño do Anxo, Pena dos Namorados, Fábrica de papel da Lavandeira” , percorrido polo Parque Municipal e unha sesión de Piscina dinámica e canal de fleboterapia de 90min no Balneario Caldas de Partovia)
  • Visita turística gratuíta en Celanova (Visita guiada ao Mosteiro de San Salvador e capela
    mozárabe de San Miguel, Percorrido guiado por Vilanova dos Infantes e Visita a fundación Curros Enríquez e visita ao castro de Castro Mao.