Galicia repunta os novos contaxios e descende nunha decena os ingresados en hospitais

A comunidade galega rexistra hoxe 83 contaxios novos, unha cifra que ascende con respecto ós datos de onte. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 1.274, unha cifra que ascende en 14 casos nesta xornada. Do total de pacientes positivos en Galicia, 15 (-1) están en UCI, 35 (-8) en unidades de hospitalización.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada presenta un descenso. A provincia rexistra hoxe 6 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais baixan en 1 persoa con respecto a onte, ata os 141 casos activos. Nos hospitais hoxe a situación amosa un estancamento. Contamos con 1 (-1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 1 (=) na UCI.

FESTAS EN RIBADAVIA