Galicia estabiliza a evolución da pandemia e Ourense mantén os datos de onte

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 124 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 2.447, cun leve descenso. A presión asistencial descende. Hoxe hai 39 (-7) persoas na UCI, e 198 (-5) ingresados nos hospitais.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe produciuse un leve repunte. Hoxe hai 6 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra mantense nos 160 casos totais, a mesma cifra ca onte. Os hospitais mantéñense estables, contando con 22 (+1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 2 (=) na UCI.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO