Os alumnos do Vila do Arenteiro cambian a excursión polo Camiño de Santiago

O xefe de estudios do centro escolar Vila do Arenteiro contounos hoxe que os alumnos do centro decidiron cambiar a súa excursión de fin de curso, cos problemas de reserva en hospedaxe derivados da pandemia, pola iniciativa de facer o Camiño de Santiago. O percorrido fixérono por etapas, en días alternos e chegaron hoxe ata a capital galega.

Falamos con algúns dos rapaces que participaron nesta experiencia antes de facer este último tramo de chegada a Compostela. Para eles foi unha iniciativa enriquecedora e que desfrutaron moito.