O BNG de Punxín reclama o aumento de persoal na brigada de limpeza municipal

No BNG de Punxín consideran que a brigada municipal que se encarga dos desbroces non dispón do persoal suficiente para desenvolver o seu traballo con certa presteza. Actualmente dita brigada está formada só por un traballador, “o que fai imposíbel manter as zonas verdes de titulariedade municipal en bo estado”.

Segundo a formación nacionalista, en verbas da súa portavoz Silvia Ávarez, “tanto é así que día de hoxe é a propia veciñanza quen fai esas limpezas nas zonas públicas se quere desfrutar do seu uso”.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ante esta situación, o BNG pídelle, vía rexistro, ao alcalde do Concello de Punxín “que se reforce o persoal adscrito á brigada de limpeza municipal coas pertinentes contratacións temporais extraordinarias, como se fixo en anos anteriores, para poder, deste xeito, aumentar as limpezas e os desbroces que permitan manter en bo estado as zonas verdes públicas do noso concello”.