Os xeodestinos e concellos turísticos recibirán axuda para contrar persoal nos meses de tempada alta

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde de axudas dirixida aos concellos turísticos e de xeodestinos para a contratación de persoal de reforzo para as oficinas de turismo dos meses de xullo, agosto e setembro nos momentos de maior afluencia de visitantes a estes destinos.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os beneficiarios son os concellos turísticos declarados e todos os xeodestinos, que só poderán facer unha solicitude por entidade.

O persoal contratado prestará os seus servizos debendo acreditar que está en posesión do correspondente título ou cualificación para exercer o dito posto para garantir a súa profesionalidade.