O BNG considera inaceptables as acusacións vertidas polo PP de Viana do Bolo.

O luns 21 de xuño o PP de Viana do Bolo, a través das súas canles oficiais, lanza acusacións gravísimas e infundadas contra a persoa de Secundino Fernández, portavoz do BNG.

 Dende o BNG da vémonos na obriga de non pasar por alto as graves acusacións que o Partido Popular de Viana do Bolo dirixe cara Secundino Fernández, portavoz do BNG de Viana do Bolo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Lamentamos profundamente que a conta oficial dos populares de Viana se empregue para calumniar e difamar a un representante, tamén, da veciñanza de Viana que igualmente foi elixido de forma democrática co 33,52 % de votos e que merece, tal e como o PP de Viana esgrime para si, todo o respecto.

Por outra banda, consideramos intolerable que o PP se apropie do sufrimento de moitas persoas, a través da utilización do terrorismo, para asimilar como propia unha realidade allea ao pobo de Viana e que non ten ningún tipo de cabida na nosa política municipal máis aló de calumniar á persoa de Secundino Fernández con acusacións inaceptables e infundadas que están fóra de toda réplica política e que seguirán o curso xudicial que corresponde.

Por moito que  o PP de Viana do Bolo se empeñe en falar por boca de toda a veciñanza, temos claro que ás vianesas e vianeses non se lle engana sexa cal sexa a súa ideoloxía política, xa que ninguén poderá facer pasar por certo que a violencia, en ningunha das súas manifestacións, se instaurou neste concello da man de Secundino Fernández.

Agardamos que o PP, logo de reflexionar sobre as súas palabras, se desculpe publicamente e comece a adoptar unha actitude máis propia dun partido político do que se espera, como de todos, que defenda os intereses municipais da veciñanza.

Apoio da executiva nacional  do BNG

A Executiva Nacional do BNG remitíu unha carta de apoio aos compañeiros e compañeiras do BNG de Viana do Bolo e denunciando o silencio da dirección do PP ante estes feitos.

CARTA DA EXECUTIVA DO BNG

Desde a Executiva Nacional do BNG  queremos  facervos chegar o noso alento  e recoñecemento diante das graves e intolerábeis ameazas vertidas o luns 21 de xuño nas canles ofi.ciais do Partido Popular de Viana do Bolo, co lamentábel silencio até o momento da dirección ourensá e galega.

Queremos transmitirvos o noso apoio, moi singularmente ao compañeiro Secundino, por ser directamente atacado e calumniado, mais por extensión a todos os compañeiros e compañeiras de Viana, pois sabemos que isto non é algo persoal. Esta é unha ameaza colectiva contra a forma de traballar que representou e representa o nacionalismo galego: unha acción política leal, honesta e alternativa ao caciquismo e o clientelismo.

É  intolerábel  que unha  organizac10n que se  considere  democrática  impulse  ou permita este tipo de actuacións e consideramos que buscan amedrentar e silenciar un conxunto de persoas que da man do BNG iniciaron unha fonda transformación de Viana, e que malia a ilexítima moción de censura  protagonizada por tránsfugas seguen  a  traballar  firmemente  para  facer  propostas  en  positivo e  tamén  para denunciar aquilo que non o é para as e os vianeses.

Quérennos en silencio e buscan instaurar  a política do medo e a coacción. Porén, desde a dirección do BNG sabemos que sodes fortes, que tedes convicción e valentía como para non caer en provocacións e seguir dando o mellor de vós por Viana e por este país. Estamos e estaremos do voso lado, con orgullo de facer parte da mesma organización política e de seguir camiñando con tan bo e xeneroso equipo.