O Carballiño mantén a mesma situación estable, dous casos e un contaxio en San Cristovo de Cea

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 3 contaxiados únicamente ( = ). O Concello do Carballiño mantén hoxe 2 casos activos, os mesmos con respecto a onte. Estas cifras son as máis baixas que se recordan dende o pasado verán.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

San Cristovo de Cea e o outro único concello con contaxios e mantén un caso, igual ca dende a pasada semana.

Os demais concellos, Beariz, Boborás, Punxín, O Irixo, Piñor, Maside e San Amaro están libres de covid.

No Ribeiro, a situación mantense tamén con moi poucos contaxios. O positivo de Arnoia mantense pero o concello de Cenlle quedou a cero casos. Pola contra, Ribadavia, que estaba libre de covid, onte sumaba un caso e hoxe suma outro, para contar con dous contaxios.  

Todos os concellos, tanto do Carballiño como do Ribeiro, están en nivel medio-baixo.