O centro de saúde de Leiro participará nun estudo nacional sobre vida saudable e enfermidades

O Centro de Saúde de Leiro foi elixido para a realización dun estudo nacional sobre vida saudable chamado “Estudio de Cohorte Desvela”. Leiro foi o único concello rural galego
seleccionado con 162 participantes. O obxectivo principal é coñecer como afectan os estilos de vida á aparición de enfermidades e á súa evolución. Hoxe estivemos ca médica de familia do ambulatorio, María José Fernández, que nos explicou a importancia deste estudo.

Publicidade

Este estudo non se quedará so con este análise inicial, se non que terá unha continuidade, analizando de novo ós cinco e dez anos a situación dos participantes. As persoas seleccionadas para participar serán chamadas e logo informadas por carta e dende o centro de saúde e dende o concello animan a todos a que participen.