O pleno da Deputación aproba iniciativas de infraestruturas viarias e enerxéticas

O pleno ordinario da Deputación de Ourense, correspondente ao mes de xuño aprobou hoxe entre os seus acordos iniciativas para a realización e mantemento de infraestruturas viarias e de abastecemento enerxético. En concreto, deuse luz verde ao convenio de colaboración para a execución das obras de “Senda peonil na Moreira, mellora de accesibilidade das vías municipais”; e tamén aprobouse a prórroga do convenio de cooperación entre a Deputación de Ourense e os concellos de Cenlle, Punxín e San Amaro para contratar o servizo de explotación e mantemento e da subministración da enerxía eléctrica das instalación de abastecemento en alta Razamonde-San Trocado.

Publicidade

O plenario aprobou os seguintes acordos:

Conta Xeral da Deputación

Aprobar as contas xerais da Deputación, do Inorde e dos consorcios contra Incendios e de Augas de Valdeorras:

1.- Conta Xeral da Deputación de Ourense do exercicio 2020:

  • Resultado orzamentario axustado: 28.878.216,71 €
  • Remanente de tesourería para gastos xerais: 44.031.421,65 €
  • Balance de situación: 2.423.632.814,86 €
  • Resultado económico patrimonial: – 79.949.170,63 €

2º: Conta Xeral do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico do exercicio 2020:

  • Resultado orzamentario axustado: 258.122,21 €
  • Remanente de tesourería para gastos xerais:578.191,46 €
  • Balance de situación: 17.846.593,78 €
  • Resultado económico patrimonial: 317.328,71 €

3º.- Conta Xeral do Consorcio provincial de servizo contra incendios e salvamento 2019:

  • Resultado orzamentario axustado: 286.668,28 €
  • Remanente de tesourería para gastos xerais: 1.197.284,73 €
  • Balance de situación: 8.589.530,02 €
  • Resultado económico patrimonial: 173.448,40 €

4º.- Conta Xeral do Consorcio de augas de Valdeorras do exercicio 2019:

  • Resultado orzamentario axustado: -25.736,35 €
  • Remanente de tesourería para gastos xerais: -437.747,03 €
  • Balance de situación: 666.066,02€
  • Resultado económico patrimonial: 68.286,21€

Modificación orzamentaria do Consorcio Provincial contra Incendios

1º.- Aprobar inicialmente a modificación de créditos do orzamento do Consorcio Provincial de Ourense para a prestación do servizo contra incendios e de salvamento n.º 1/2021:

Suplementos de crédito. Gastos Correntes

136/22604   Servizo de prevención e extinción de incendios. Xurídicos, contenciosos   105.000 €

Suplementos de crédito. Gastos de investimento

136/62400 Servizo de prevención e extinción de incendios. Elementos de transporte 15.000 €
136/62900 Servizo de prevención e extinción de incendios. Elementos de transporte 15.000 €
    30.000 €

Crédito extraordinario. Gasto de investimento

136/62600 Servizo de prevención e extinción de incendios. Equipos para procesos de información. 10.000 €

Resumo

Suma suplementos de crédito…………………………………………………………………………… 135.000 €
Suma créditos extraordinarios…………………………………………………………………………… 10.000 €
TOTAL MC 1/2021 145.000 €

Recursos utilizados:

Remanente Tesourería. Subconcepto 87000 para financiar gastos xerais 145.000,00 €

2º.- Detállase o destino dos suplementos de crédito desta modificación orzamentaria:

Aplicación orzamentaria Descrición Importe
136/22604 Execución forzosa sentenza firme. Principal, xuros e gastos do procurador 105.000,00 €
Aplicación orzamentaria Descrición Importe
136/62400 Adaptación das novas furgonetas dos xefes dos 4 parques para trasladar o equipo de intervención 15.000,00 €
Aplicación orzamentaria Descrición Importe
136/62900 Equipos varios para intervencións nos 4 parques (cadeas para excarceración. Trade e 6 badeadores con protección para o parque do Carballiño- A Limia) 15.000,00 €
Aplicación orzamentaria Descrición Importe
136/62600 5 equipos informáticos para os 4 parques 10.000,00 €

Modificación do orzamento 2021

450.12/762.01 “Cooperación provincial. A Concellos subvencións”

Beneficiario Finalidade Importe
Concello de Montederramo Pavimentación da estrada a Abeledos a Gorgullón 48.000,00 €

431.41/479.01 “Promoción comercial. Outras subvencións a consellos reguladores”

Beneficiario Finalidade Importe
C.R.D.R Monterrei Gastos de promoción 25.000,00 €

431.41/790.01 “Promoción comercial. Outras subvencións Cons. Monterrei”

Beneficiario Finalidade Importe
C.R.D.O Monterrei Obras e equipamentos 35.000,00 €

Convenio para senda peonil en Xinzo de Limia

1º. Aprobar o convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e o Concello de Xinzo de Limia para a execución das obras de “Senda peonil na Moreira, mellora de accesibilidade das vías municipais”. O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración para a execución das obras de creación dunha senda peonil e un carril bici no viario principal de conexión entre a vila de Xinzo e os campos de fútbol da Moreira e Carreira, segundo o proxecto do arquitecto municipal Rafael Nogueiras Mascareñas. O importe total das actuacións ascende a 350.599,07 euros, dos que a Secretaría Xeral para o Deporte financiará 67.307,63 (53.846,10 no presente ano e o resto no 2022). A Deputación de Ourense achegará 150.000 euros (120.000,00 nesta anualidade e o resto no 2022). Pola súa banda, o Concello de Xinzo de Limia destinará ás obras 133.291,44 euros (106.633,15 no presente ano e o resto no seguinte exercicio).

Prórroga do convenio para a subministración eléctrica Razamonde-San Trocado

Ratificar a prórroga do convenio (acordada por razóns de urxencia) entre a Deputación de Ourense e os concellos de Cenlle, Punxín e San Amaro para contratar o servizo de explotación e mantemento e da subministración da enerxía eléctrica das instalación de abastecemento en alta Razamonde-San Trocado, que se estenderá durante o tempo da vixencia do contrato realizado con GADESSA, que finaliza o 15 de marzo de 2023 (coa posibilidade de prórroga de dous anos).