A Deputación aproba subvencións para proxectos en Castrelo, Cortegada e O Irixo

IES CHAMOSO LAMAS

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, baixo a presidencia do vicepresidente Rosendo Fernández, aprobou hoxe a concesión de preto de 759.000 euros en axudas para entidades sociais e cooperación, tanto cos concellos como con asociacións e colectivos de diversos ámbitos.

No ámbito de cooperación cos concellos, a Xunta de Goberno aprobou a concesión de subvencións 48.000 euros ao Concello de Castrelo de Miño para obras de mellora en vías municipais; 15.000 euros para o alugamento de vestiarios provisionais no campo de fútbol de Cortegada; e 20.000 euros para a mellora do firme na estrada Barro-Bugalleira, no Irixo. No ámbito supramunicipal, a Mancomunidade Turística do Carballiño, Ribadavia, Boborás e Leiro terá unha axuda de 15.000 euros para gastos de funcionamento.

OZOCOgz Deseño Galego