O Carballiño sobe ós 23 contaxios e a capital do Ribeiro, Ribadavia, suma 27 casos activos

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 28 contaxiados ( +5 ). O Concello do Carballiño presenta hoxe 23 casos activos, catro casos máis ca onte. Contan cun caso activo os concellos de Beariz, O Irixo e Maside. Piñor, que contaba cun caso, hoxe presenta dous contaxiados.

Os demais concellos, Cea, Boborás, Punxín, e San Amaro están libres de covid.

AVANTAR ACTIVIDADES

No Ribeiro, a situación hoxe amosa un incremento. Ribadavia presenta o máximo da comarca con 27 casos activos, dous máis ca onte. Ante o incremento de casos, o Sergas convocou a 450 veciños de entre os 16 e os 30 anos para un cribado esta tarde, no colexio da Alameda.

Arnoia mantén 4 casos, e Avión conta con dous casos. Carballeda de Avia mantén os 3 casos. Melón, Beade e Cenlle contan cun caso activo cada un deles. E Cortegada mantén dous casos.

Todos os concellos das dúas comarcas, salvo Ribadavia, están en nivel medio-baixo polo de agora.