Avión presenta o máximo incremento con sete novos contaxios e un total de 23 casos activos

No Ribeiro, a situación hoxe é moi variada. Ribadavia presenta o máximo da comarca con 36 casos activos, mesma cifra ca onte.

Avión ségueo cun aumento de sete casos activos, ata os 23 contaxios. Carballeda de Avia sobe dous casos ata os sete contaxios. Leiro sobe un caso ata os seis contaxios e Arnoia mantén cinco casos. Beade mantén dous casos e Melón, que tiña dous casos, hoxe ten un so contaxio, igual ca Cenlle.

Castrelo de Miño é o único libre de covid.

Publicidade Premer na Imaxe

Todos os concellos das dúas comarcas, salvo Ribadavia e Carballiño, están en nivel medio-baixo polo de agora.